Alta na Sede Electrónica

As modalidades de acceso á parte privada da sede electrónica do Concello son:

  • Identificándose con certificado electrónico.
  • Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).

Como obter unha clave de acceso á parte privada?

  • Con certificado electrónico: Identifícase na sede, cubre a solicitude de acceso e preséntaa no rexistro electrónico. Unha vez presentada a solicitude de acceso acudirá á oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave asignada. Se quere evitar ter que acudir persoalmente á indicada oficina poderá achegar coa solicitude unha copia do NIF e remitiráselle a clave asignada ao enderezo que conste no citado documento.
  • Sen certifidado elecrónico: Cubrindo a solicitude de acceso e presentándoa na oficina do rexistro xeral do Concello.

Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso en calquera momento editando a "carpeta persoal".