headerheader-400header-800
Volver

Devolución por prorrateo da taxa de lixos por cesamento de actividade a causa declaración do primeiro estado de alarma do exercicio 2020 (Mod. 117)

Procedemento de devolución por prorrateo da taxa de lixos por cesamento de actividade por mor da declaración do primeiro estado de alarma do exercicio 2020.

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos da taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos

Utilizarase este procedemento para solicitar a devolución da taxa que se houbese devengado durante o peche consecuencia do primeiro estado de alarma, e para os epígrafes especificados.

  • Persoas xurídicas: deberán ter a consideración de microempresas.
  • Persoas físicas: deberán desenvolver unha actividade a título lucrativo, contar cun persoal medio de empregados inferior a 10 persoas e un volume anual de operacións inferior a un millón de euros.

Actividades que poden beneficiarse da devolución por prorrateo da taxa de lixos: (abrir o despregable)

Se a presentación é electrónica só se precisa a achega da documentación xustificativa da baixa xa que os datos personais serán os consignados na propia solicitude electrónica (que constarán no xustificante de rexistro), se a presentación é presencial (nos casos en que proceda) achegarase tamén un escrito onde se fagan constar os datos personais do solicitante

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Calle Real, nº1 981 249 249 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Calle Real, nº1 981 249 249
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Volver