headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

Declaración de ruina

Evaluación dun edificio en mal estado.
Solicitante, propietarios, moradores e titulares de dereitos reais sobre o inmoble.
Tramitación Electrónica

Para presentar la solicitud de manera electrónica, vostede deberá:

  1. Descargar e cubrir o modelo de solicitude.
  2. Reunir o resto de documentación requirida e aqueloutra documentación que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • o formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao "Rexistro electrónico" e seleccionar tramitar o "Renuncia á licenza de autorización de ocupación da vía pública con terrazas de veladores".
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial
Pode presentar o modelo de solicitude e o resto de documentación en:      
  • Rexistro Xeral Municipal

    Calle Real, nº1

    Teléfono: 981 249 249

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro

  1. Identificación do inmoble incluindo certificación catastral e plano de situación sobre cartografía oficial do vixente PXOM.
  2. Certificación do Rexistro da Propiedade da titularidade e cargas deste.
  3. Relación de moradores e titulares de dereitos reais sobre o inmoble, se os houbese.
  4. Informe expediente por facultativo competente no que se xustifiquen as causas nas que se funda a solicitude de ruína con expresa mención á situación urbanística do inmoble e, de ser o caso, o seu nivel de proteción; planos de planta ou diferentes niveis do predio debidamente acoutados; ano de construción do edificio, así como se este reúne as debidas condicións de seguridade para os seus ocupantes e terceiros.
  5. Memoria con descrición e sinalización das medidas de seguridade que, en razón dos danos descritos, se adoptaron no edificio ou, de ser o caso, as razóns da súa non adopción.
  6. Copia do documento de pago da taxa.
  7. Reportaxe fotográfico do inmoble explicativa do informe emitido.

Volver
Rexistro electrónico