headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

Procedemento aberto simplificado

Procedemento de contratación análogo ao procedemento aberto, pero máis sinxelo. Permite contratar obras, subministros ou servizos cando se cumpran as duas condicións seguintes:

a) Que o seu valor estimado sexa igual ou inferior a 2.000.000 de euros no caso de contratos de obras, e a 140.000 € no caso de contratos de subministro e de servizos.

b) Que entre os criterios de adxudicación previstos no prego non haxa ningún evaluable mediante xuizo de valor ou, de habelos, a sua ponderación non supere o vintecinco por cento do total, salvo no caso de que o contrato teña por obxecto prestacións de carácter intelectual, como os servizos de enxeñería e arquitectura, no que a súa ponderación non poderá superar o coarenta e cinco por cento do total.


Volver
Rexistro electrónico