headerheader-400header-800
Volver

Exposición pública e inicio de período voluntario de cobranza do padrón do imposto sobre actividades económicas do ano 2020

Configurado pola Tesourería o padrón do imposto sobre actividades económicas do período impositivo 2020, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estarán a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 20 de setembro e o 20 de novembro de 2020

Data de publicación: 18/06/2020

Categoría: Convocatoria galego

Remitido por: Desenvolvemento local e emprego

  1. Descargar